GHASTO

Acerca de GHASTO

Que é GHASTO

GHASTO (Gran Histórico de Actividades e Seguimento Transparente Oficial) é un proxecto independente que nace coa vontade de achegar á veciñanza unha visión clara, accesible e obxectiva sobre os proxectos e obras que se realizan nos seus concellos.

PI – Pobo Intelixente

Unha maneira innovadora de entender a transparencia pública, inspirada no Business Intelligence, pero orientada ás necesidades reais da cidadanía.

Este enfoque bebe directamente da tradición da Civic Intelligence, que promove a capacidade colectiva das comunidades para comprender mellor os retos, compartir coñecemento e actuar con eficacia.

Os nosos obxectivos

Con GHASTO buscamos:

  • Recoller, organizar e visualizar datos relevantes.
  • Ofrecer unha visión independente da información pública.
  • Promover transparencia, confianza e utilidade social.
  • Facilitar que a cidadanía participe de maneira informada.

O obxectivo final é contribuír a unha sociedade máis aberta, participativa e consciente, onde cada persoa teña acceso directo á información que lle afecta no día a día.

Contacta con nós

Se detectaches un erro ou queres colaborar como concello, escríbenos.

info@ghasto.org

Reportar un erro

Axúdanos a manter a información correcta e actualizada. Se atopas un erro nos datos indícanos:

  • Onde: En que proxecto(s).
  • Que: Descrición clara do problema.
  • Proba: Foto ou documento do proxecto real para corroborar.

Para concellos e administracións

GHASTO é un proxecto independente de servizo público que facilita a consulta e seguemento das obras municipais.

Se representas a unha administración, podemos colaborar para integrar datos e mellorar a transparencia.

Nota: Respectamos a privacidade das persoas. Toda información proporcionada será tratada con responsabilidade e utilizada unicamente para fins de verificación e mellora da transparencia local.